O Pavillón da Pinguela de Monforte estrea novo videomarcador deportivo
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou o novo videomarcador deportivo Led de última xeración do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela, que foi adquirido por un importe de algo máis de 27.000 euros (27.163,11 € ive engadido).
No acto inaugural, o Alcalde estivo acompañado polo Secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, e polo Xefe do servizo provincial de deportes, Manolo Cadramón, así como a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entre outras autoridades.
O Alcalde salientou que “con esta novo videomarcador, que substituíu á anterior instalación, un marcador tradicional composto por díxitos de bombilla, o Pavillón municipal de A Pinguela, que é unha das infraestruturas deportivas máis importantes da cidade, contará dende hoxe cunha ferramenta esencial para o desenvolvemento de todo tipo de eventos deportivos, e tamén facilitará os adestramentos e competicións dos equipos monfortinos que habitualmente usan estas instalacións, como o Club Voleibol Ribeira Sacra, o Club Korbis ou o Club de Ximnasia Rítmica Quicela, así como as actividades dos centros educativos da cidade”.
Esta Pantalla Led, que ten unhas dimensións de 10 m2 (4 x 2,5 m.), pode utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo, “polo que permite darlle un valor engadido ó pavillón de A Pinguela”.
No Pavillón Polideportivo de A Pinguela, que se ubica na estrada de Sober, adestran e compiten diversos clubes da cidade e alberga eventos deportivos de diversas modalidades como taekwondo, ximnasia rítmica e voleibol.
Nas instalacións do pavillón tamén se levan a cabo actividades propias do deporte escolar monfortino, dispútase a liga local de fútbol sala e lévanse a cabo as actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte cada ano.
“Con este novo videomarcador de última xeración, que sen dúbida reforzará os servizos que ofertamos no pavillón de A Pinguela, dende o Equipo de Goberno seguimos a mellorar as infraestruturas deportivas da nosa cidade. Cabe recordar que nos pasados meses reformamos a instalación eléctrica deste pavillón, e dotamos dunha nova iluminación o Campo municipal de A Pinguela, cunha inversión total de case 110.000 euros”.
O Alcalde, concluíu salientando que “o meu compromiso como Alcalde e o do Equipo de Goberno co deporte monfortino, cos seus deportistas e cos clubes é firme, e seguiremos traballando para mellorar e potenciar as infraestruturas municipais destinas á práctica deportiva no noso Concello”.
Videomarcador “MONDO Smart System modelo Antares”
O novo videomarcador do Pavillón de A Pinguela é unha pantalla led deportiva de 10 m2 (4 x 2,5 m.) que se pode utilizar como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo.
A pantalla dispón, para a súa xestión, dun sistema de control composto por un ordenador e un software deportivo e multimedia.
Software Deportivo Mondovideo
Software multideporte deseñado por MONDO que permite converter unha pantalla led nun marcador electrónico deportivo.
O deseño do marcador é completamente personalizable, permitindo ó usuario unha gran liberdade para mostrar o marcador segundo as necesidades.
Unha das principais vantaxes deste software Mondovideo é que, cun único software, pódese dispoñer de distintos marcadores segundo a disciplina deportiva que se vaia a realizar, posto que integra múltiples deseños para diversos deportes.
O sistema xenera a imaxe que representa un marcador electrónico deportivo, optimizada ó tamaño e resolución da pantalla Led para garantir a mellor calidade de imaxe posible e a información de dito marcador actualízase en tempo real en función da información recibida da consola de control Ulises de MONDO.
Software Multimedia Mondoplayer
O software multimedia Mondoplayer é un software desenvolto por MONDO. Trátase dun reproductor multimedia avanzado cunhas características e funcionalidades adaptadas ás aplicacións máis comúns de uso de pantallas led. Entre as súas características destaca o posicionamento pixel a pixel da fiestra de saida do reprodutor, o reprodutor de vídeo, con escalado automático á resolución da videopantalla, sexa cal sexa a resolución do arquivo orixinal, conta con visualizador de imaxes con ecalado automático, independentemente da resolución orixinal, permite a creación e edición de subtítulos e texto en scroll, tamén se pode capturar e reescalar en tempo real de diferentes zonas da pantalla, de xeito que na pantalla led poderanse proxectar zonas dunha páxina web, presentacións de power point, documentos word, excel, etc. Facilita a creación e edición de listas de reprodución e conta cun deseño de composicións complexas nas que o usuario divide a videopantalla en varias zonas funcionais, de modo que en cada unha delas se poden visualizar vídeos, listas de reprodución, capturas de pantalla, etc.
Consola Multideporte Hércules
Consola de fácil manexo que permite unha clara visualización de tódolos parámetros de xogo. Esta consola divídese en dous módulos, a consola central de puntuación, na cal se selecciona o deporte que se vai a controlar (pódese elixir entre baloncesto, voleibol, tenis, hockey, patinaxe, fútbol sala, balonman, frontón, hóckey xeo, e waterpolo. En función de esta selección , o sistema de puntuación e tempo de xogo se iniciará de acordo coa normativa do deporte seleccionado. Dende a mesma comándase a puntuación, tempos mortos, faltas, e frecha indicadora de posesión. E, a consola de tempo que controla o período de xogo, o tempo e o cambio de minutos/segundos a segundos/décimas-centésimas. A consola almacena en memoria todos os datos evitando que se perdan se hai un cote de fluído eléctrico.
O sistema tamén inclúe marcadores de tempo de posesión e tempo de xogo para baloncesto homologados pola FIBA. A súa comunicación coa consola principal e por radiofrecuencia, aínda que tamén se pode realizar por cable.
Os díxitos luminosos están construídos con diodos LED de alta luminosidade que se caracterizan polos eu baixo consumo, gran duración e ausencia total de mantemento.
Sobre o módulo que indica o tempo de posesión, mediante díxitos de 30 cm, instálase un módulo adicional con 4 díxitos de 12 cm. de altura que mostran o reloxio de xogo.
O control destes marcadores realízase mediante unha consola independente denominada consola de posesión Mondo, comunicada coa consola central de puntuación.