O paseo da ponte de Villaverde ata as casas de Prado na Ribeira foi acondicionado
Traballadores do Concello de Quiroga estiveron durante estes días rematando as labores de limpeza no paseo do río Quiroga. Os traballos consistiron na roza da maleza dende a ponte de Villaverde ata as casas da zona de Prado, na Ribeira.
Este tramo, a diferencia do que acontece no paseo dende Villaverde ata o río Sil, non ten servizo de mantemento, polo que o Concello de Quiroga incluíuno dentro do plan anual de conservación de camiños municipais.
Moi utilizado polos veciños da zona de Prado, pero tamén polos camiñantes do paseo fluvial, que complementan o tramo máis acondicionado augas abaixo do río Quiroga, con este camiño que xa era moi utilizado polos veciños da zona antes da construción do paseo fluvial.
Aproveitando que se estaba traballando nesta zona, tamén se pintaron as varandas da ponte sobre o río Quiroga que une a Ribeira con Prado.