O Partido Popular de Sober presenta as principais propostas para a vindeira lexislatura

RibeiraSacraXa
O Partido Popular de Sober presenta as principais propostas para a vindeira lexislatura se saen reelixidos no goberno local
CANDIDATURA PP SOBER
6 Maio 2023

O PP de Sober presentou a súa candidatura á Alcaldía de Sober, encabezada por Luis Fernández Guitián, co obxectivo de que o municipio “siga prosperando”.

O actual rexedor municipal asegura que o seu equipo lle dará continuidade a un proxecto iniciado hai xa 3 mandatos que segue centrado no desenvolvemento económico, o emprego e o benestar social, con especial atención aos maiores e ás familias.

“Tentaremos consolidar unha acción de goberno que está a facer que o Concello se sitúe entre os máis dinámicos da provincia, polo que nesta candidatura apostamos por persoas que teñen acreditada ampla experiencia e capacidade de traballo”, precisa.

Fernández Guitián concorre ás eleccións cun equipo continuista con experiencia de xestión e forzas renovadas no que se pode ver unha representación equitativa de todo o municipio. “Son persoas comprometidas con Sober que darán o mellor de si para seguir axudando aos nosos veciños e veciñas no seu día a día”.

Propostas da agrupación política

O actual rexedor popular concorre aos comicios cun amplo programa electoral que contén 50 liñas básicas nas que a aposta máis forte é pola consolidación do turismo e o sector vitivinícola como eixos fundamentais do seu proxecto de futuro para Sober.

A maiores, entre os piares que vai impulsar o PP atópanse as infraestruturas e a vivenda, potenciando a área de rehabilitación integral de Sober, a única de Galicia que afecta á totalidade do Concello.

Seguirase ampliando a rede municipal de auga e saneamento esixirase á Deputación Provincial de Lugo un plan serio para a mellora e mantemento da rede viaria provincial do Concello. Entre as 50 liñas básicas, destaca a solicitude de Festa de Interese Turístico Nacional para a Feira do Viño de Amandi, así como propostas para seguir impulsando a cultura, o patrimonio, o deporte e as novas tecnoloxías.

A lista está composta por 10 persoas a maiores do candidato, formada por Sonia Fernández Martínez, Francisco Vázquez Pérez, Carmen Pérez Pérez, Raquel Arias Rodríguez, Abel López Fernández, José Quevedo Pérez, Iván Armesto Fernández, David Cidre Guitián, Beatriz Fernández Fernández e Domingo López Fernández.

0.14980912208557