O Partido Popular da Pobra do Brollón presenta a súa candidatura nun acto na Casa da Cultura do municipio
Esta tarde, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolle o acto de presentación da candidatura e programa electoral do PP da Pobra do Brollón de cara as eleccións municipais do 28 de Maio de 2023.
Neste acto intervendrá Teddy López (candidato a alcaldía), Francisco Conde (vicepresidente 1º e conselleiro de Economía, Industria e Innovación) e José Manuel Balseiro (deputado no Parlamento de Galicia e coordinador xeral da provincia de Lugo).
O alcaldable, Teddy López, sostén que "a candidatura do PP na Pobra do Brollón está pensada para empezar a gobernar dende o primeiro día se os veciños deste concello depositan en nós a súa confianza”. E
sta lista está formada por persoas con perfís con experiencia en áreas ás que Teddy López confire especial importancia, dadas as condicións do municipio, como poden ser a prevención de incendios e o traballo no campo social, nas súas distintas facetas.
O aspirante popular á alcaldía destaca, con carácter xeral, que os integrantes da lista que encabeza teñen experiencia nos seus respectivos campos profesionais.
A este respecto, sinala: “Iso é algo moi importante para poder empezar a xestionar dende o primeiro días os intereses dos veciños da Pobra do Brollón, un concello no que hai moito traballo por facer para mellorar os servizos que reciben os veciños, en síntese, para mellorar a calidade de vida neste municipio”.
Así a lista da candidatura contén oito nomes, ademais do de Teddy López, e son: Roberto José Andrade Míguez, David López Frean, Pablo López Morales, María del Pilar Pérez Ayán, Isabel Castaño Macía, Diego Sanmartín Menéndez, Lorena Morales Besteiro e José Manuel Costoya Fernández.