O parque infantil do Campo da Feira de Taboada conta xa cunha nova tirolina

O Parque Infantil do Campo da Feira de Taboada conta desde o pasado 23 de xuño cun novo atractivo para os máis pequenos: unha tirolina. O Tenente de Alcalde, José Portela, e o concelleiro Alexandre Varela achegáronse ata as instalacións para comprobar o resultado deste novo equipamento.
A colocación da tirolina incluíu tamén a retirada das máquinas biosaudables existentes, que serán recolocadas noutro lugar máis axeitado e seguro para o seu uso.
Esta actuación contou cun orzamento de 9.827,62 euros, financiados a través do Plan Deputación 2025 da Deputación de Lugo.
Desde o Concello destacan que esta mellora supón “un pequeno impulso” para o parque, ofrecendo así novas opcións de lecer aos nenos e nenas de Taboada.