O parque infantil da Feira de Taboada estará renovado para agosto
A Área de Parques e Xardíns do Concello de Taboada vén de anunciar a renovación do parque infantil da Feira de Taboada para que os nenos e nenas poidan desfrutar del en agosto.
Así, o tenende de alcalde, José Portela, comenta que “logo de varios meses agardando unha subvención da Xunta de Galicia, chegou denegada recentemente polo que, dado o mal estado dos xogos e baldosas de caucho actuais, decidimos acometelo con fondos propios do Concello”.
Desta maneira, instalaráse un chan de caucho continuo de 200 metros cadrados, unha estructura Raio con pasadizo, rede e tobogán, dous balancíns individuais de barco e coche, un balancín Avión Sky de catro prazas, tobogán Fast e randeeira de dúas prazas en bambán.
A estructura Raio e os balancíns individuais, deseños de Javier Mariscal, o creador do Cobi de Barcelona 92, son aptos para nenos con discapacidade e son da coñecida marca Benito Urban.