O Parque de Bombeiros de Monforte queda sen servizos pola falta de persoal
RibeiraSacraXa
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa que dos tres efectivos previstos no cuadrante deste sábado no Parque de Bombeiros de Monforte de Lemos, un deles non se presentou ao seu posto de traballo sen presentar xustificación, incumpríndose así os servizos mínimos.
16 Dec 2023

Ante esta situación, o Consorcio viuse na obriga de deixar sen servizo o parque monfortino ata mañá, ás 9.00 horas, "desprazando un dos efectivos ao de Sarria e outro ao de Vilalba". Deste xeito, as posiblesincidencias atenderanse dende Sarria e Chantada.