O parque de bombeiros de Chantada permanece sen servizo ata o luns

RibeiraSacraXa
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa este domingo que dos tres efectivos que son necesarios para dar cumprimento aos servizos mínimos, só se presentaron a traballar dous efectivos no parque de Chantada, xa que un deles non acudiu ao seu posto de traballo sen xustificación algunha.
alcoa bombeiros loita 2023 outubro
7 Xan 2024

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa este domingo que dos tres efectivos que son necesarios para dar cumprimento aos servizos mínimos, só se presentaron a traballar dous efectivos no parque de Chantada, xa que un deles non acudiu ao seu posto de traballo sen xustificación algunha.

Segundo aseguran, o Consorcio intentou facer mobilidade dende outras bases, pero non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos. “Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante para os diferentes parques, tampouco se presentaron”, expoñen no comunicado.

Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar aos dous efectivos de Chantada no parque de Monforte de Lemos, desde onde se atenderán as posibles incidencias. O parque de bombeiros de Chantada non prestará servizo ata mañá as 9.00 horas.

0.17329502105713