O parque de bicicletas de San Clodio "está en mal estado", segundo o PP de Ribas de Sil
O PP de Ribas de Sil sinala “a situación de abandono” do parque para bicicletas de San Clodio.
O candidato popular á alcaldía, Jose Rodríguez, explica que “dende que se construíu, nunha zona próxima ao polideportivo e ao colexio, non recibiu ningún tipo de atención nin de mantemento” e, polo tanto, “atópase en moi malas condicións”.
De feito, “supón un risco para os usuarios: parte da madeira está en mal estado, hai táboas soltas ou rotas e puntas e cravos saíntes”.
Rodríguez sinala que “de pouco serve construír infraestruturas se non hai intención de conservalas en bo estado para que os veciños e veciñas podan facer uso delas en condicións de seguridade".
Nese sentido, o popular aposta por “un plan de conservación das instalacións municipais ao longo dos anos” e por “manter bo contacto coas outras administracións para que a información que poda ter o Concello como administración máis próxima aos veciños, chegue ao resto de administracións nos casos de infraestruturas que sexan competencia doutra”.