O 'Outono Teatral' de Quiroga acollerá cinco representacións teatrais ata finais de decembro

RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga pon en marcha o programa 'Outono Teatral', que acollerá cinco representacións teatrais dirixidas a público infantil, familiar e adulto que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro.
Teatro Quiroga
16 Oct 2023

O Concello de Quiroga pon en marcha o programa 'Outono Teatral', que acollerá cinco representacións teatrais dirixidas a público infantil, familiar e adulto que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro.

O obxectivo desta actividade é achegar ás artes escénicas ao maior número posible de persoas. Por iso, dende o Concello de Quiroga queren agradecer a participación da comunidade educativa da vila nesta iniciativa.

Así, dúas das representacións programadas terán como destinatarios alumnos e alumnas do CEIP, co conto musicado a cargo da Fundación Legar, 'Arrolar', o vindeiro 20 de outubro, e do IES de Quiroga, 'Malas Compañías' de Micromanía Títeres, o 15 de decembro.

Ademais, o 12 de novembro terá lugar 'ODT-TVE' do grupo Os Torques de Burela, o 25 de novembro será a quenda do grupo de teatro Nova Escea, con 'A tortilla e a peste' e, o 28 de decembro, a do grupo Augas de Sil coa obra 'Nunca é tarde para o amor'.

Colaboran económicamente neste programa a Xunta de Galicia a través do Programa “Ler Conta Moito”, a Deputación Provincial a través dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado e tamén o Grupo de Teatro “Augas do Sil” de Ribas de Sil.

Outono teatral Quiroga
0.18080806732178