O Oso de Salcedo volverá ás rúas este luns para festexar o Entroido

RibeiraSacraXa
A cita contará coas actuacións musicais de Terras do Bibei, Mekanica Rolling Band e a Duendeneta
oso-de-salcedo
2 Mar 2025

O Oso de Salcedo ataviado con peles de cordeiro e campás, percorrerá este luns as rúas da aldea de Salcedo, na Pobra do Brollón. Esta tradicional figura estará acompañada de pasarrúas da charanga Terras do Bibei, Mekanica Rolling Band e Duendeneta. A partir das 21.00 horas, haberá cea popular con food truck e á medianoite, verbena coa orquestra La Ocaband.

Excursión desde Quiroga

O Concello de Quiroga organiza un ano máis unha excursión para asistir á tradicional saída do Oso. A visita sairá ás 15.45 horas dende a Casa da Cultura de Quiroga e regresará 05.30 horas da madrugada.

 

⚙ Configurar cookies
0.17191886901855