O Obradoiro dual de Emprego O Incio, a Pobra do Brollón e Bóveda comezará en novembro
O Concello da Pobra do Brollón acaba de ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda, promovido polo Concello do Incio.
As actividades formativas centrarase na especialidade AGAO0108 denominada “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría” e o obradoiro de emprego durará 12 meses, desde o día 6 de novembro de 2023 ata o 5 de novembro de 2024.
As bases regularán a selección de 20 alumnos a xornada completa, distribuídos nos tres municipios, 6 no Incio, 7 na Pobra do Brollón e 7 en Bóveda. A maiores, seleccionaranse tamén 1 director, 3 docentes a xornada completa e 1 administrativo a media xornada.
As persoas interesadas en solicitar este curso deben estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, carecer de ocupación remunerada e estar dispoñibles para o emprego. Este requisito debe manterse na súa data de incorporación ao proxecto.
Unha vez preseleccionados pola Oficina de Emprego correspondente, publicarase e será convocados polos respectivos Concellos para que no prazo de 2 días presenten a documentación no rexistro dos Concellos participantes.