O obradoiro de teatro interxeracional de Pantón volverá reunirse este xoves

O Concello de Pantón puxo en marcha un Obradoiro de Teatro Interxeracional no marco das actividades do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, unha iniciativa que utiliza o teatro como ferramenta de reflexión, diálogo e sensibilización social.
A actividade presentouse o pasado venres 29 de xaneiro nun encontro aberto ás persoas interesadas en participar neste proxecto, onde se recolleron as preferencias de datas e horarios para realizar as actividades.
O grupo quedou conformado a semana pasada, aínda que se algunha persoa interesada non puido asistir pode poñerse en contacto coa organización.
O obradoiro desenvolverase ao longo de dez sesións de dúas horas, nas que as persoas participantes crearán de forma colectiva unha peza teatral curta centrada na violencia de xénero. O proceso culminará cun teatro foro, unha modalidade que permite a interacción do público, que poderá propoñer cambios na obra e participar activamente na representación.
A seguinte cita será o xoves 19 de febreiro, de 18:30 a 20:30 horas.