O obradoiro de emprego Ricra V está a traballar en Pantón, Sober e O Saviñao

RibeiraSacraXa
El taller de empleo Ricra V realiza los trabajos de mejora de espacios públicos de Pantón, Sober y O Saviñao
Obradoiro Ricra V Panton
9 Feb 2022

As 20 persoas participantes no obradoiro de emprego Ricra V, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 346.946 euros, están a traballar na mellora de espazos públicos de Pantón, Sober e O Saviñao.

O taller comezou o pasado outubro e finalizará a mediados de xullo. Imparte os certificados de Montaxe e instalación de construcións de madeira, con oito alumnos; e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, que conta con 12 inscritos.

Os participantes reciben formación teórica e práctica ao tempo que realizan actuacións como a instalación de mobiliario urbano en diversas zonas dos tres concellos promotores.

Ademais, en Pantón acondicionan espazos como a contorna do Castro, o campo da festa de Ferreira, a área recreativa de Maiorga e a ruta de sendeirismo de Marce e Atán; en Sober acometen labores de mantemento nos miradoiros de Pena do Conde, A Cividade, Muíños da Xábrega-Os Chancís, Santiorxo, Santuario de Cadeiras e O Castelo; e no Saviñao executan traballos forestais e de carpintaría na Devesa e a praza de España en Escairón e no campo da feira de Currelos.

Os obradoiros son unha das medidas de fomento do emprego impulsadas pola Xunta máis solicitadas polos concellos. Este ano están en marcha na Zona Sur da provincia de Lugo cinco talleres, que supuxeron a contratación de 100 persoas desempregadas para formarse e traballar en áreas con demanda no mercado laboral.

0.14366698265076