O novo punto limpo municipal de Sober abriu as súas portas

RibeiraSacraXa
A nova instalación servirá de complemento ao punto limpo móbil e contou cunha subvención de 97.506 da Xunta para a súa construción
apertura-punto-limpo-sober
5 Nov 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou ester martes o Concello de Sober para coñecer o novo punto limpo municipal, que acaba de entrar en funcionamento. A infraestrutura foi construída polo Concello grazas a unha subvención de 97.506 euros da Xunta, que cubriu o 90 % do investimento necesario.

A nova instalación servirá de complemento ao punto limpo móbil que xa opera no municipio e contará cunha caseta de control, un almacén para residuos perigosos, unha zona cuberta con contedores de gran volume e outra ao aire libre para o almacenamento temporal doutros materiais.

Ademais, o Concello traballa na creación dun espazo municipal de preparación para a reutilización (PxR), que permitirá reparar e acondicionar obxectos domésticos para darlles unha segunda vida. Segundo indicou o Goberno local, os traballos están moi avanzados e prevese que este novo servizo poida entrar en funcionamento o próximo mes de decembro.

En total, o Concello de Sober recibiu 230.506 euros en axudas da Consellería de Medio Ambiente, correspondentes aos dous proxectos, o punto limpo e o espazo de reutilización, ambos destinados a mellorar a xestión sostible dos residuos e fomentar a economía circular no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.069041967391968