O novo pavillón polideportivo de Monforte acolle as primeiras competicións deportivas
O Pavillón Polideportivo municipal de A Pinguela de Monforte acolleu as primeiras competicións deportivas tras ser inauguradas as súas obras de mellora hai uns días polo alcalde, José Tomé Roca, e polo presidente do CDS, Víctor Francos Díaz.
Unha vez ultimado dende a Concellería de Deportes o calendario de actividades cos diferentes clubes e asociacións deportivas que habitualmente usan esta importante instalación deportiva, esta fin de semana o Pavillón da Pinguela comezou a funcionar con total normalidade. Deste xeito, durante o día de hoxe o Club Korbis volverá a disputar encontros, a cargo das súas categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil.
O rexedor indica que “están a disputarse con total normalidade os primeiros encontros deportivos nun Pavillón sobre o que vimos de levar a cabo unha reforma integral que permite a Monforte contar cun pavillón polideportivo, seguro, moderno, amplo e que xa da resposta ás necesidades da cidade en materia deportiva , e polo que nos traslada o noso técnico de deportes, a xente está encantada”.
O pavillón dá servizo e resposta ás necesidades dos máis de 40 clubs e asociacións deportivas coas que conta o municipio, poñendo así a disposición dos veciños e veciñas de Monforte unhas instalacións deportivas modernas, seguras e en estado óptimo de utilización. En definitiva, dende o equipo de Goberno segue mellorando a calidade de vida dos monfortinos e das monfortinas.