O novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón atenderán os mércores
O novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito VIII-Terra de Lemos atenderá aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11.00 a 13.00 horas na Casa do Concello.
O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes.
Entre os servizos ofertados, inclúense xestionar permisos de corta para uso doméstico, asesoramento e información sobre distancias en plantacións e a xestión de biomasa forestal para a prevención de incendios forestais e información xeral sobre o eido forestal e a tramitación administrativa.
Calquera veciño ou veciña do concello pode usar o servizo, e non hai que solicitar cita previa, aínda que tamén se ofrece atención telefónica nos seguintes números: 609 284 915 (Felipe), 609 968 769 (Javier) e 982 889 122 (oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos).