O novo centro de saúde de Pantón contará con 3 médicos e 2 enfermeiros
RibeiraSacraXa
O novo centro de saúde de Pantón é unha iniciativa incluida no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria.
15 Nov 2021
O Alcalde de Pantón reuniuse coa Conselleria de Sanidade para falar da colaboración que dará como resultado un novo centro de saúde. Iniciativa contemplada no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria.
Este novo centro terá espazo para as tres prazas de médico e dúas de enfermaría, aumentando ademais o espazo para a realización de técnicas e de ciruxía menor. Resolvendo así os problemas de accesibilidade do actual centro e mellorando o servizo que se ofrece aos veciños da zona.