Foi inagurado o novo centro de ciberseguridade ferroviaria de Monforte

RibeiraSacraXa
Foi inagurado o novo centro de ciberseguridade ferroviaria de Monforte polo alcalde, o director de RENFE e máis xente
Centro de ciberseguridade Monforte
1 Abr 2023

Monforte de Lemos inaugura o novo centro especializado en ciberseguridade ferroviaria, un proxecto pioneiro en Europa que está situado na Rúa Muiños de Antero, nun local de case 600 m2.

O Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, e o representante institucional de Renfe, Javier Pérez, foron recibidos polo alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado pola Tenente de alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada visitaron as instalacións recén inauguradas e puideron interactuar cos primeiros traballadores.

No CCD desenvolveranse operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a creación e desenvolvemento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo.

A inversión da compañía neste proxecto é de preto de 1 millón de euros e a previsión de plantilla estímase entre 35 e 40 traballadores neste momento inicial do proxecto, pero que a medida que vaia evolucionando incorporará mais plantilla coa previsión de chegar a 100 postos de traballo según se vaia implantado no mercado o novo servizo.

Tal e como explicou Tomé “é unha satisfacción que remataran ben as xestións que fixo o Concello para que sexa en Monforte onde se instale o centro de operacións de ciberseguridade, que é pioneiro en Europa, colocando á cidade do Cabe, no mapa de innovacións tecnolóxicas”.

O rexedor quixo tamén agradecer a Renfe e a LogiRAIL o esforzo feito para axilizar todo o proceso de desenvolvemento do proxecto, que permitiu que se puidera adiantar á sua posta en marcha de forma considerable, xa que nun principio estaba previsto que comezase a finais de ano.

Pola súa parte, o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, mostrouse moi satisfeito de dar comezo ás actividades do centro de Monforte, que tal e como explicou, responde á estratexia do reto demográfico do Goberno de España a través do seu plan de deslocalización de recursos que Renfe materializou con unha estratexia de posta en marcha de varios centros de recente creación.

0.14291000366211