O neno que foi criado por lobos e que inspirou a película 'Entrelobos' estará en Taboada

RibeiraSacraXa
O neno que foi criado por lobos e que inspirou a película 'Entrelobos' estará en Taboada este vindeiro 23 de abril
LOBOS MARCOS RODRIGUEZ
21 Abr 2023

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada a Asociación de Xubilados de Taboada organizan para este domingo, 23 de abril, a proxección do filme 'Entrelobos' ás 17.00 horas no Cuartel Vello.

Despois da proxección, as persoas asistentes poderán compartir un encontro con Marcos Rodríguez Pantoja (Añora, Córdoba, 1946), que foi un neno criado entre lobos que inspirou a obra e contará a súa experiencia.

Para participar non fará falta inscrición previa nin ten custo, polo que se acollerán persoas ata encher o recinto do Cuartel Vello de Taboada.

Entrelobos Taboada
0.22309112548828