O Nadal chega a Sober cargado de actividades

O Concello de Sober organiza unha completa programación para estas festas de Nadal, que incluirá eventos para todas as idades e en distintos puntos do municipio.
Este mesmo sábado, celébrase o Mercadiño de Nadal no Local Social de Bolmente e o12 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar a inauguración do alumeado de Nadal e dos beléns.
O 13 de decembro haberá a Festa de Santa Lucía en Rosende e tamén ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Sober, o espectáculo de teatro profesional “Transparentar. Enésima”, dentro do circuito da Deputación de Lugo.
O 14 de decembro, ás 18:00 horas, a Escola Municipal de Música ofrecerá un festival de Nadal no Centro Sociocultural. O 19 de decembro, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme acollerá a visita de Papá Noel á escola infantil.
O humor terá o seu protagonismo o 21 de decembro, coa actuación de Sergio Alba e o espectáculo “Dous Rombos — Pasa para a cama!”, no Centro Sociocultural.
Outros eventos son o concerto de panxoliñas o 26 de decembro no Local Social de Bolmente e o 2 de xaneiro en varios puntos, os Folieiros de Lavadores o 28 de decembro, a festa infantil de Nadal o 29 de decembro no pavillón do CEIP Virxe do Carme, e o 30 de decembro a entrega de premios dos Certames de Nadal no Centro Sociocultural.
O 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán o Centro Sociocultural de Sober para despedir as festas. Ademais, os veciños teñen ata o 17 de decembro para presentar os seus traballos nos certames de poesía, postais, beléns e decoración de locais comerciais.