O Nadal bota a andar en Quiroga co acendido do alumeado

RibeiraSacraXa
Este ano instalouse unha nova iluminación na rúa Ánxel Fole, aproveitando as novas farolas colocadas recentemente
nadal-quiroga
8 Dec 2025

Quiroga deu esta fin de semana o pistoletazo de saída ás festas do Nadal co acendido do alumeado nas rúas da vila. A iluminación permanecerá activa durante todo o período festivo, ata principios de xaneiro.

O Concello decidiu este ano incorporar algunhas novidades no alumeado. Así, ademais da decoración tradicional nas vías principais e na fachada do Concello, instalouse unha nova iluminación na rúa Ánxel Fole, aproveitando as novas farolas colocadas recentemente.

Co acendido das luces, o Concello avanzou que nos próximos días tamén comezará a ampla programación de actividades culturais e de ocio preparada polos distintos departamentos municipais para celebrar o Nadal en Quiroga.

0.15304803848267