O musical “Un conto de Nadal” chega a Quiroga este sábado

RibeiraSacraXa
O espectáculo contará coa participación dos actores Pepo Suevos e Manuel Manquiña, xunto con La Oca Band, que estarán acompañados no escenario polos alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga e o grupo de música tradicional O Recanto
la-oca-band-quiroga
23 Dec 2025

Este sábado 27 de decembro, Quiroga acollerá a representación do musical “Un conto de Nadal”, unha adaptación do clásico de Charles Dickens pensada para toda a familia. A obra combina música e emoción para contar a historia dun protagonista que recupera a ilusión polo Nadal. A función está dirixida a un público familiar e celebrarase no Auditorio Municipal ás 19:30 horas.

O espectáculo contará coa participación dos actores Pepo Suevos e Manuel Manquiña, xunto con La Oca Band, que interpretarán un repertorio con diferentes estilos musicais propios destas datas.

Ademais, o musical contará coa participación dos alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga e o grupo de música tradicional O Recanto, que subirán ao escenario e acompañarán a La Oca Band na interpretación de dúas cancións populares.

Esta actuación forma parte dos concertos do programa Xacobeo.Gal da Xunta de Galicia e terá unha duración aproximada de dúas horas, incluíndo temas de Nadal e outros ritmos como rock ou pezas clásicas.

⚙ Configurar cookies
0.075307130813599