O Museo do Viño de Monforte acollerá unha xornada sobre a mellora do sector vitivinícola
RibeiraSacraXa
A xornada terá lugar o vindeiro mércores, 27 de novembro
Viñas
22 Nov 2024
O Museo do Viño de Monforte de Lemos acollerá o vindeiro mércores, 27 de novembro, unha Xornada de Mellora Competitiva, froito da colaboración co Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, a consultora Concentra Grupo e Sabor Rural Galicia, para ofrecer unha serie de ideas e solucións destinadas á mellora do sector vitivinícola.
O acto contará coa participación de Antonio Lombardía Crespo, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra; José María López Bourio, socio fundador da Compañía de Sabor Rural S.L.; Ana de Gregorio, Manager de Industria e Servizos do Grupo Concentra; e Miguel Ángel Juliá, Director de Grandes Contas do Grupo Concentra.