O Museo da minería aurífera romana de Ribas de Sil abrirá as súas portas en xuño
A Festa da Cereixa e o Aceite de Ribas de Sil é a data que sinalan dende o Concello para a apertura do Museo da minería romana. A celebración desta festividade prevese para principios do mes de xuño. A festa da cereixa e o aceite non se celebra dende fai dous anos debido á situación pandémica e, coa mellora actual estase a estudar a data na que se levará a cabo.
O museo está practicamente rematado faltando o salón con equipamento audiovisual que se encontrará no andar inferior e, a colocación de iluminación exterior que será financiado polo grupo de desenvolvemento local Ribeira Sacra-Courel.
Este museo estará centrado na minería que os romanos extraían no val de Quiroga cando se asentaron nesta zona no século V.
O museo que se empraza nas instalacións do Xeoparquing de San Clodio contará cunha vintena de paneis explicativos de como extraían os romanos o ouro na zona quiroguesa. Ademais, tamén disporá de información sobre as minas que se poden visitar ou as rutas de sendeirismo que os visitantes poden realizar. O museo contará tamén con maquetas do territorio para facilitar a visualización do mesmo.
Para completar a mostra, expoñeranse diferentes elementos de ouro, utensilios e adornos da época romana e castrexa nas vitrinas do lugar.