O municipio de Taboada segue a ser escenario de melloras nas estradas e nos camiños

RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo está a traballar no Concello de Taboada para mellorar diversas estradas e camiños para mellorar o estado da rede viaria municipal, "garantindo deste xeito a mobilidade e a seguridade da nosa veciñanza", explica o alcalde, Roi Rigueira.
melloras Taboada
5 Mar 2024

A Deputación de Lugo está a traballar no Concello de Taboada para mellorar diversas estradas e camiños para mellorar o estado da rede viaria municipal, "garantindo deste xeito a mobilidade e a seguridade da nosa veciñanza", explica o alcalde, Roi Rigueira.

O equipo de riego atópase arranxando a LU-P-6002, entre Maxal e Ramil, para poder pasar a outras actuacións "igual de necesarias e que xa temos identificadas, tanto en vías de titularidade municipal como provincial".

Pola súa banda, tamén está o bulldozer da Deputación traballando na limpeza do camiño que une Xián con Friamonde pola beira do río Miño, vía que presentaba moitas deficiencias e que constitúe un recurso turístico de gran importancia para o noso concello.

"A nosa idea é poder deixar preparado este camiño en breves e, de ser posible, continuar coa súa limpeza ao longo de toda a nosa zona de ribeira, esto é, poder ir de Xián a Sobrecedo cómodamente e gozando da incomparable paisaxe que deixa o Miño ao paso polo noso Concello", explica Rigueira.

0.15375304222107