O Motoclub R.S Chantada organiza a XI Concentración Mototurística

O Motoclub RsChantada organiza un ano máis a Concentración Mototurística de Chantada, que este ano celebra o seu undécimo aniversario. Cada ano, decenas de persoas reúnense nesta cita co motociclismo que este ano desevólvese os días 11, 12 e 13 de abril no Mercado Gandeiro.
As preincricións poden facerse de forma anticipada a través dos teléfonos 667 721 051, 618 460 987 ou 628 205 058. A organización ofrece servizo de acampada cuberta con duchas e auga quente, e o prezo da inscrición completa son 50 euros, mentres que a media inscrición serán 35 euros.
A cita arrancará este venres coa apertura das inscricións ás 20.00 horas e unha pancetada popular ás 22.00 horas.
O sábado, as inscricións abriranse ás 10.00 horas, e ás 11.00 horas comezará unha ruta libre turística, seguida dunha exhibición de Jaque Stunt- NH Pina ás 16.30 horas. Ás 18.00 haberá uns xogos moteros e ás 20.30 horas comezará a ruta pola vila, seguida dunha cea, unha nova exhibición e a actuación da Discomóbil Apocalipsis.
O domingo, haberá unha ruta libre turística ás 11.00 horas e unha sesión vermú animada pola música de Brais DJ ás 13.00 horas, seguida dunha comida popular. Ao rematar, entregaranse os trofeos e agasallos.