O monfortino Noé Teófilo Fernández recibiu o premio a mellor expediente académico no Grao de Arquitectura
O monfortino Noé Teófilo Fernández vén de recibir o galardón ao mellor expediente académico do Grao da Escola de Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña por parte do Consello Galego da Arquitectura Técnica.
O Consello Galego da Arquitectura Técnica concedeu os Premios Galicia 2022-2023 aos Traballos Fin de Grao (TFG) defendidos, superados e presentados a concurso polos alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (EUATAC), que celebra 50 anos desde o seu nacemento.
Estes galardóns, concedidos na súa totalidade a proxectos de restauración no sector da construción, poñen en valor a relevancia da rehabilitación no ámbito da arquitectura técnica en Galicia.
No cas do Premio ao Mellor Expediente Académico do curso 2022-2023 da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, este foi concedido a Noé Teófilo Fernández Diéguez, de Monforte de Lemos.