O mes de agosto chega á Pobra do Brollón cargado de actividades

O Concello da Pobra do Brollón dá comezo ao mes de agosto cun completo programa cultural pensado para todas as idades no que no faltarán a música, as romarías, o cine o clown.
O programa comeza este mesmo domingo coa proxección da película ‘As Neves’ no Local Social d Ferreirúa, dentro do Ciclo Mestre Mateo. O día 5, as actividades continuarán cun concerto de Xoán Curiel na área recreativa de Samugueiros, ás 20:30 horas.
O sábado, 9 de agosto, o Ciclo Mestre Mateo continuará no local social de Canedo coa proxección de Curtas II, mentres que o 10 de agosto será a esperada Romaría do Castro de San Lourenzo, en Cereixa.
O 13 de agosto, haberá un concerto de Nebra na área recreativa de Samugueiros, ás 20:30 horas. A seguinte cita será o día 20 de agosto co espectáculo de Clown e circo ‘SuperHarte’ de Patty Diphusa.
Xa para finalizar o mes, o 27 de agosto terá lugar a Romaría de San Vitorio e o 31 o Ciclo Mestre Mateo poñerá fin ao programa cultural do mes coa proxección de ‘+Cuñados’ na Casa da Cultura Olga Novo.