O Mercado de Outono regresa a Monforte cun intenso programa de actividades

RibeiraSacraXa
O xa tradicional Mercado de Outono abrirá o sábado día 9 de novembro na Praza de Abastos de Monforte en horario de mañá e de tarde
cartel-mercado-outono-monforte
31 Out 2024

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de informar que o Concello celebrará un ano máis o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte. Será o vindeiro sábado 9 de novembro.

O Alcalde destaca que “con esta actividade contribuímos a poñer en valor os produtos típicos do outono. Por outra parte, potenciamos o comercio local e de proximidade, axudando a dinamizar e crear atractivos comerciais. E tamén dinamizamos os espazos comerciais da nosa Praza de Abastos”.

Como en pasadas edicións, o Mercado combinará a comercialización de produtos de tempada de outono cunha completa xornada de ocio e diversión, con actividades ó longo de toda a xornada.

Así, no espazo dos Mercados da Praza de Abastos, será posible adquirir produtos de tempada, produtos gastronómicos de outono: castañas, cogomelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cós mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de embutidos e queixos galegos, xabóns, cosmética natural e artigos únicos como lámpadas de cabazas.

Os postos de venda teñen o prazo aberto ata o día 4 de novembro para solicitar a participación no mercado.

Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abrirá as súas portas o sábado 9 de novembro de 10.00 a 14.00 horas, e tamén pola tarde, de 17.00 a 22.00 horas. Consulta o programa completo do Mercado de Outono de Monforte 2024

0.18904805183411