O Mercado de Nadal de Monforte volverá a seguinte fin de semana

RibeiraSacraXa
O Mercado de Nadal do Concello de Monforte rematou este sábado pero volverá a fin de semana que vén como unha proposta de comercio e artesanía á vez que animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais e gastronómicas para todos os públicos.
24 Dec 2023

O alcalde, José Tomé Roca, destacou que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforteterá continuidade os días 29 e 30 de decembro n horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

No Mercado de Nadal, o visitante pode atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade.

0.30379796028137