O Mercado de Nadal de Monforte abre as súas portas este sábado

RibeiraSacraXa
Estará aberto durante as dúas próximas fins de semana en horario de mañá e de tarde e contará con 15 expositores, ademais de obradoiros e actividades para celebrar o Nadal
Mercado de Nadal de Monforte
Mercado de Nadal de Monforte 2023
20 Dec 2024

O Mercado de Nadal de Monforte abre as súas portas este sábado, 21 de decembro, con con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, así como un total de 15 expositores co obxectivo de potenciar o comercio e a artesanía do munipio.

O alcalde, José Tomé Roca, destaca que o obxectivo da iniciativa é “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforte, abrirá as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá sábado 21 de decembro, con continuidade o domingo 22, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Este mercado terá continuidade a vindeira fin de semana, os días 28 e 29 de decembro, co mesmo horario.

Os visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía de Nadal, como artesanía en coiro, pintura, bixutería, madeira, complementos téxtiles, calzados, produtos gourmet, galletas artesanais, tartas de queixo artesás, cosmética natural e moito máis. Estes produtos serán ofertados por 15 expositores cada día.

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O sábado 21 ás 12.00 horas, celebraranse dous Obradoiros artesanais: un para público infantil de pintura e decoración dunha árbore navideña e outro de coiro para tódalas idades, coa elaboración dun marcapáxinas ou ben unha pulseira de coiro.

Pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar o espectáculo de Duende Circo “Pallaso Total” e as 19:00 horas o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, que dará ideas de aperitivos navideños coa elaboración de tres alternativas diferentes a cargo do Chef Manuel Rodríguez.

O domingo 22, ás 12.00 horas, terá lugar un obradoiro de artesanía de elaboración de adornos de Nadale pola tarde ás 18.300 horas o espectáculo de Peter Punk para todas as idades.

Actuacións na rúa do Cardenal

Cada fin de semana, e como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario situado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería.

O sábado 21, a partir das 20.00 horas, actuará o grupo monfortino 7Rojo  e o sábado 28 á mesma hora, Movilla y los Irrepetibles.

Dende o Concello animan “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.

Consulta o programa completo de actividades do Mercado de Nadal de Monforte 2024

0.17428302764893