O Mercado de Nadal chega a Carballedo este sábado

RibeiraSacraXa
Haberá degustacións, música, teatro, e unha visita de Papá Noel
mercado-nadal-carballedo
19 Dec 2025

O Concello de Carballedo organiza este sábado 20 de decembro o Mercado de Nadal na Praza V. Portomeñe (A Barrela), que dará comezo ás 18:00 horas.

A partir das 19:00 horas haberá unha degustación gratuíta de produtos da terra como embutidos de porco celta, mel, queixo, galletas mariñeiras, doce de leite, crema de castañas e aceite, entre outros.

Ademais, a xornada estará animada con teatro, a visita de Papá Noel e un ambiente máxico de Nadal pensado para toda a familia.

⚙ Configurar cookies
0.081375122070312