O mercado circular volve á Pobra do Brollón a partir do 11 de xuño

RibeiraSacraXa
O mercado circular volve á Pobra do Brollón a partir do 11 de xuño e celebrarase así todos os 11 e 25 de cada mes
Mercado circular A Pobra do Brollon
7 Xuño 2023

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar que recuperan o mercado circular, que terá lugar todos os 11 e 25 de cada mes.

Así, este domingo, 11 de xuño, comeza esta iniciativa de novo na área recreativa Samugueiros da Pobra do Brollón e as persoas que queiran poñer un posto poderán facelo contactando no número 650 624 828.

Así, estes días, 11 e 25 de cada mes, coincidindo cos días de feira na Pobra, haberá postos de horta, conservas, viño, mel, artesanía e produtos de segunda man para quen queira vender e a quen lle interese mercar.

0.11698698997498