O Mercado Circular regresa este verán á Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha nova edición do ‘Mercado Circular’, que terá lugar os días 25 de xullo, 11 e 25 de agosto, e 11 de setembro, coincidindo cos días de feira no municipio.
A iniciativa busca promover unha economía local, xusta e sostible, dando espazo a produtoras e produtores locais para ofrecer os seus produtos directamente ao público. O mercado está aberto á participación de persoas interesadas en vender produtos da súa propia colleita, como hortalizas, conservas, viño, mel, artesanía, roupa ou artigos de segunda man.
As persoas interesadas en montar un posto poden contactar co Concello no teléfono 629 865 663. O ‘Mercado Circular’ busca dinamizar a vida local e apoiar a produción de proximidade como parte da programación de verán na Pobra do Brollón.