O Mercado Circular de Nadal da Pobra do Brollón será este domingo

RibeiraSacraXa
Estará aberto a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo
mercado-circular-a-pobra-do-brollón
Mercado Circular da Pobra do Brollón
18 Dec 2024

O Concello a Pobra do Brollón organiza este domingo, 22 de decembro, un Mercado Circular de Nadal, que estará aberto ao público a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo.

O mercado contará con postos de artesanía, xogos, cosmética natural, productos de segunda man e produtos da terra, entre outros.

Ademais, a partir das 12.00 horas haberá varios obradoiros nos que os asistentes poderán aprender sobre plantas para coidados da pel, ademais de coñecer como facer bálsamos con plantas. Ademais, haberá un pequeno obradoiro de iniciación ao ganchelo.

A xornada acollerá tamén a presentación dos libros ‘Amar y destruir’, de Cova P.L., ‘Haireth. Vol.1: El sueño del monstruo’ de Elena Franrey’ e ‘Crónicas de Vánasum I y II’, de Andrea Micc.

⚙ Configurar cookies
0.91582894325256