O Mercadiño de Nadal de Quiroga abre as súas portas

Do 22 ao 26 de decembro, o Bar Portón de Quiroga acolle un mercadiño de Nadal onde se poden adquirir diversas pezas de decoración feitas a man.
O horario de apertura é de 11:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde. Neste espazo, Mayte Pérez Grao, concelleira de Igualdade, Educación e Infancia e experta artesá, presenta unha ampla variedade de produtos realizados artesanalmente.
A actividade, organizada en colaboración co Centro de Información á Muller de Quiroga, ten como fin recadar fondos para apoiar diferentes proxectos dirixidos ás mulleres da comarca.