O mago Roberto Lolo actuará no Folgoso do Courel no marco da festa do Entroido

O mago Roberto Lolo actuará este domingo, 19 de febreiro, na Casa do Concello de Folgoso do Courel a partir das 17.00 horas.
Este espectáculo encádrase nas actividades do municipio polo Entroido e será un espectáculo para todos os públicos, nenos e maiores.
Así, representará a súa obra 'Mira el Coyote', que xa levou a varios concellos de Galicia.