O Mago Rafa estará na Gala Máxica de Monforte este mércores

RibeiraSacraXa
Unha nova edición da Gala de maxia, denominada Gala Máxica, celebrarase no Concello de Monforte este mércores 9 de agosto, na praza de España e a partir das 22.
Cartel Gala Máxica 2023
8 Ago 2023

Unha nova edición da Gala de maxia, denominada Gala Máxica, celebrarase no Concello de Monforte este mércores 9 de agosto, na praza de España e a partir das 22.30 horas.

Os protagonistas desta edición de maxia aberta a todos os públicos e con entrada gratuíta serán o Mago Rafa, o Mago Iago e Edu el Mago, estes dous últimos, ademais, participarán do Festival Internacional de Maxia de Sarria.

A gala, que forma parte ano a ano do programa do Verán Cultural monfortino, está organizada e patrocinada polo equipo de Goberno do Concello de Monforte e polo AGADIC da Xunta de Galicia.

Cartel Gala Máxica 2023
0.10199093818665