O mago Antón chega este mércores á Pobra do Brollón co espectáculo 'Mil maxias máis'

RibeiraSacraXa
O ‘Magomóbil' estará instalado na área recreativa de Samugueiros e ofrecerá cinco pases durante toda a tarde
mago-anton-brollon
29 Jul 2025

Este mércores 30 de xullo, a área recreativa de Samugueiros acollerá a visita do 'Magomóbil' do mago Antón, que ofrecerá o seu espectáculo Mil maxias máis, unha proposta pensada para o público familiar.

Trátase dun espectáculo máxico-teatral que xira arredor da maxia da palabra, con xogos orixinais creados polo propio mago Antón. A función terá lugar en cinco pases, ás 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. O Magomóbil estará instalado no recinto a partir das 13:00 horas.

A actividade está organizada pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.66125297546387