O luns terá lugar o sorteo público de prazas do Programa Activa 2024-2025 en Monforte

RibeiraSacraXa
As actividades do Programa Activa comezarán o 14 de outubro e estenderanse ata o 12 de xuño, cun total de 9 meses de actividade
Programa-Activa-Monforte
5 Oct 2024

O Goberno local de Monforte organiza un sorteo público de prazas do Programa ACTIVA 2024-2025 e apertura de prazo extraordinario de solicitudes en actividades con prazas vacantes.

Segundo se establece nas condicións para participar nas actividades do programa, a adxudicación de prazas no Centro Cívico realizarase por sorteo público entre as solicitudes recibidas para cada actividade unha vez finalizado o prazo de solicitude e diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade.

Asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida. No caso de presentarse a solicitude de participación conxunta optarán a praza ou a lista de agarda cun único número. Porén, se non se cobren as prazas para unha actividade concreta non se realizará sorteo e asignaranse segundo a orde de entrada.

No listado de actividades que van a sorteo, o alcalde decidiu incluír outro grupo de conservando a memoria, sendo así 3 os ofertados, dado o alto número de persoas que o solicitaron.

Deste xeito, “dende o Equipo de Goberno atendemos ás peticións da que é unha das actividades con máis demanda e clave do Programa Activa, pois dá resposta ao principal obxectivo que persegue dito programa, que é o de favorecer o envellecemento activo dos nosos maiores, ademais dos beneficios que aporta para a saúde mental dos participantes, así como o fomento da súa interrelación social e interxeracional”.

Así, as actividades que irán a sorteo son ximnasia de mantemento, ioga, taichi, costura básica iniciación, manualidades, cerámica, conservando a memoria, competencias dixitais iniciación, competencias dixitais intermedio, bailes de salón iniciación, e bailes caribeños intermedio.

O sorteo celebrarase o luns 7 de outubro de 2024 ás 13.30 horas no salón de actos do Centro Cívico-Social, no Paseo do Malecón.

Tras o sorteo procederase a publicar na páxina web e nas redes sociais do Concello, así coma no taboleiro dos Servizos Sociais a listaxe de persoas con praza adxudicada e en lista de agarda así como as actividades con prazas dispoñibles. A previsión é publicar ditas listaxes o vindeiro martes 8 de outubro a última hora da mañá.

No suposto de que non se cubran as prazas ofertadas nalgunha das actividades, abrirase un prazo extraordinario ata completar as prazas nesas actividades. Así mesmo, poderase anular o inicio dunha actividade se non se cobren o 75 % das prazas ofertadas finalizado o período de inscrición.

Antes de decidir anular unha actividade, desde os Servizos Sociais valoraranse alternativas co fin de promover a súa impartición.  Tendo en conta que existen prazas vacantes nalgunhas das actividades ofertadas procederase a abrir o prazo extraordinario de solicitudes do 14 ao 18 de outubro.

As persoas interesadas acudirán á Secretaría dos servizos sociais para que informen das prazas dispoñibles e formalizar a súa solicitude exclusivamente segundo o modelo establecido.

As actividades do Programa Activa comezarán o 14 de outubro e estenderanse ata o 12 de xuño, cun total de 9 meses de actividade, ofertándose un total de 559 prazas, que son 26 prazas máis que en 2023-24. Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ao 100% polo Concello de Monforte.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15834498405457