O lume calcina xa máis de 21.000 hectáreas na provincia de Ourense

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O incendio en Chandrexa de Queixa, o máis grande ata o momento, suma 9.500 hectáreas queimadas
incendio-chandrexa
14 Aug 2025

A provincia de Ourense vive unha das peores ondas de incendios dos últimos anos, con preto dunha decena de focos activos e varios deles de gran gravidade. A Xunta mantén decretada a Situación 2, o que permite mobilizar con máis axilidade medios autonómicos, estatais e da Unidade Militar de Emerxencias (UME), así como ampliar horarios de traballo e simplificar trámites administrativos.

Os lumes máis preocupantes son os de Maceda, Chandrexa de Queixa, Oímbra e A Mezquita, pola superficie queimada, a virulencia das lapas e a súa proximidade a núcleos de poboación.

No foco iniciado na parroquia de Santiso, en Maceda, arderon xa unhas 1.700 hectáreas na Serra de San Mamede, preto de núcleos habitados como Calveliño do Monte ou Santiso. En Chandrexa, os focos de Parafita e Requiexo afectn xa a unha superficie total de 9.500 hectáreas, 5.000 e 4.500 respectivamente. O lume afecta ademais e de forma preocupante á zona de Manzaneda, onde os nenos do campamento tiveron que ser evacuados.

Este é xa o incendio máis grande rexistrado en Galicia este ano, superando por moito a superficie total queimada no 2024. As tarefas de extinción enfróntanse a un terreo de difícil acceso, altas temperaturas e vento, o que complica o control das lapas. En Chandrexa mobilizáronse máis de 200 efectivos entre técnicos, axentes, brigadas, motobombas, maquinaria pesada, helicópteros e avións.

tamén ao municipio de Monterrei. O lume en A Mezquita, A Esculqueira mantense activo con arredor de 4.000 hectáreas, e o de Vilardevós, Vilar de Cervos suma máis de 200 hectáreas.
Entre os lumes estabilizados figuran Ourense, Seixalbo (100 hectáreas), Maceda, Castro de Escuadro (450 hectáreas), Vilariño de Conso, Mormentelos (180 hectáreas), Montederramo, Paredes (120 hectáreas) e Vilardevós, Moialde (40 hectáreas). O incendio de Verín, Mourazos está controlado tras afectar a unhas 9 hectáreas.

As administracións locais, provinciais e autonómicas fan un chamamento á prudencia e á colaboración cidadá ante uns incendios que, pola súa intensidade e proximidade ás vivendas, manteñen a provincia en alerta máxima.

⚙ Configurar cookies
0.11532402038574