O Lugar Reigada, a rúa Rosalía de Castro e Doutor Casares se verán afectadas por unha baixada da presión da auga
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que debido ás obras de mellora que o Concello de Monforte está a levar a cabo na rede de abastecemento de auga da cidade que abastece ao depósito de San Vicente, este martes, día 3, e o mércores, 4 de setembro, procederase á conexión da tubaxe xeral co by-pass na rúa Rosalía de Castro, que vén de ser executado para a mellora do saneamento en dita rúa.
Por este motivo, levarase a cabo un corte no subministro, que non suporá o corte da auga, senón que so producirá unha baixada de presión na mesma, e que se levará a cabo os citados 3 e 4 de setembro, entre as 8.00 horas da mañá e as 17.00 horas da tarde.
As rúas que se verán afectadas serán o Lugar Reigada, a rúa Rosalía de Castro en ambas marxes, e a rúa Doutor Casares, tamén en ambas marxes.
As conexións da tubaxe xeral co by pass realizaranse na intersección entre a rúa Doutor López Suárez e a rúa Rosalía de Castro mañá martes 3 de setembro, e a intersección entre a rúa Rosalía de Castro coa rúa Coruña, o mércores 4 de setembro.
Dende o Concello agradecen a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.