O local social da Sociedade A Fraternal de Monforte acollerá unha mesa de debate sobre temas de urbanismo
RibeiraSacraXa
O local social da Sociedade A Fraternal de Monforte acollerá unha mesa de debate sobre temas de urbanismo proposta por Salvemos o Malecón
23 Maio 2023
A plataforma cidadá de Monforte, Salvemos O Malecón, organiza hoxe ás 20.00 horas un acto con todas as forzas políticas da cidade e con todas as persoas interesadas para falar sobre o modelo de cidade acorde cos tempos que urxe deseñar para Monforte.
"É preciso un consenso político e a implicación cidadá para cousas tan básicas como que o centro histórico deixe de caerse, ter un abastecemento de auga digno ou deixar de contaminar o río", explican desde o colectivo.
O local social da Sociedade Recreativa A Fraternal será o lugar que acollerá este evento público, no que calquera persoa poderá achegarse para explicar as súas ideas e debater sobre temas de urbanismo nun encontro cidadán.