O IX Encontro de Corais da Pobra do Brollón foi todo un éxito entre o público asistente

Esta fin de semana, A Pobra do Brollón acolleu o IX Encontro de Corais, que se desenvolveu na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e que contou coa participación da Coral Polifónica de Chantada, a Coral Ventos do Val de Mos e, como non podía ser de outra forma, a Coral Polifónica Escola de Música Samoeiro.
As persoas asistentes gozaron dun repertorio moi variado de composicións polifónicas clásicas e modernas, pezas tradicionais e temas populares, así como de versións de cancións contemporáneas. Foi, ademais, unha xornada de convivencia entre a veciñanza que se achegou a desfrutar da música coral.