O Instituto para a calidade turística recoñece á Oficina de Turismo de Chantada pola súa calidade e sustentabilidade
O ICTES, Instituto para a calidade turística española e a sustentabilidade vén de conceder á Oficina de Turismo de Chantada a marca “Q Calidade Turística” e a “S S Sustentabilidade Turística”, esta última distinción concedida despois de superar a auditoría de Certificación baixo a Especificación UNE 0083:2024 Contribución das organizacións turísticas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), nos termos establecidos no Regulamento Xeral de Certificación de Servizos Turísticos.
A Oficina de Turismo de Chantada localízase na emblemática Casa de Lemos (s. XVI), na Praza do Mercado, no Camiño de Inverno a Santiago ao seu paso pola vila de Chantada. O servizo funciona de modo permanente desde finais do 2002, despois de que no 2000 o Concello de Chantada fora declarado Municipio Turístico.
A Oficina Municipal de Turismo Chantada presta atención ao visitante, comunicación de información turística relevante da vila, do municipio e da Ribeira Sacra candidata a Patrimonio da Humanidade.
“Fixemos todos os requisitos que se nos pedían para acceder a estas certificacións a través de procedementos da xestión da calidade, de xestión de infraestruturas e de xestión do servizo”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.
En outubro deste ano constituíuse o Comité de Sustentabilidade da Oficina de Turismo de Chantada co obxectivo de garantir o cumprimento do sistema de xestión sostible implantado, atendendo a cuestións ambientais e sociais como aforro enerxético e enerxía non contaminante, infraestruturas resilientes, núcleos máis inclusivos, seguros e sostibles e respecto pola vida e os ecosistemas terrestres.
Por Chantada critica o uso de cartas públicos para obter estes cerficados
Dende Por Chantada - Interior Galego Vivo lembran que este tipo de certificacións obtéñense previo pago ás empresas tramitadas e critican que se utilicen cartas públicos para este tipo de cuestións.