O Incio acollerá a exposición de "As cores do ferro" de María Quiroga

RibeiraSacraXa
O vindeiro día 18 de xuño estará aberta ao público esta exposición de arte mineral. Os interesados contarán con dez días para visitala.
mariaquiroga_!
13 Xuño 2022

O vindeiro día 18 de xuño estará aberta ao público esta exposición de arte mineral. Os interesados contarán con dez días para visitala.

A partir do 18 de xuño, no Incio poderase ver a mostra da obra de María Quiroga: ‘As cores do ferro’. Unha exposición de arte mineral composta por máis de 15 cadros que se poderá visitar  no antigo mercado gandeiro en horario de 09:00 a 14:00 horas.
O Concello do Incio colabora coa artista María Quiroga que o día 18 de xuño estará presente na inauguración, ás 18.00 horas .A  mostra bebe da influencia de A. Bello López, quen tanto inspirou á creadora.
Moi vinculada ao Incio, María Quiroga explica que “todos os cadros están feitos con pedras, rochas e coios recollidos, a maioría nos montes da contorna, especialmente na Ruta do Ferro”.
 Quiroga quere destacar como con pedras tinguidas polo óxido de ferro, que foi a primeira pintura de cor, e é tan abundante na Terra brava, se pode facer unha colección de traballos suficientemente variados.  Aínda que estean feitos con ocres, brancos e negros, o que ofrece como resultado unha mostra amena e interesante.

0.19664192199707