O incendio forestal de Parafita deixa máis de 53 hectáreas calcinadas en Chandrexa de Queixa

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, quedou extinguido ás 21.42 horas deste domingo.
O lume, que se iniciaba ás 00.58 horas do pasado venres, afectou finalmente unha superficie de 53,07 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en total 1 técnico, 10 axentes, 21 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.