O incendio de Pantón queima xa 1.400 hectáreas e afecta tamén ao concello de Sober

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
O lume preocupa pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Lornís
incendio-forestal-galicia2
20 Sep 2025

O incendio forestal iniciado o pasado xoves ás 14:16 horas no concello de Pantón, na parroquia de Pombeiro, continúa activo e mantén a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Lornís.
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta a unhas 1.400 hectáreas, parte delas situadas no concello veciño de Sober.

Na extinción participan numerosos medios. De xeito acumulado mobilizáronse 12 técnicos, 62 axentes, 82 brigadas, 62 motobombas, 9 pás, 4 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

As tarefas de control seguen en marcha para evitar que o lume avance cara a zonas habitadas.

⚙ Configurar cookies
0.10180401802063