O incendio de Larouco, o maior da historia da Galicia, quedou extinguido este domingo logo de calcinar máis de 31.700 hectáreas

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O lume comezou o pasado 15 de agosto e afectou ao concellos de Larouco, Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras
incendio-forestal-larouco-quiroga
1 Sep 2025

A Xunta de Galicia deu por extinguido este domingo o incendio de Larouco, considerado como o maior da historia de Galicia dende que hai rexistros, que deixa un total de 31.778 hectáreas arrasadas tras 18 días activo.

O lume, iniciado o pasado 15 de agosto, afectou a un total de dez concellos e deixou momentos de gran tensión pola súa proximidade a núcleos de poboación, especialmente no termo municipal de Quiroga, nos municipios de Enciñeira, Vilanuíde, Centeais, Bendollo, Ferreira, Vilaster, Vilar de Mondelo, Cereixido, Vilarmel, Rugando, Paradapiñoll ou O Mazo.

Das hectáreas afectadas, segundo os datos de Medio Rural, 19.630 son de monte raso e as outras 12.148 foron arborado. O lume entrou nos concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras, así como os mencionados Quiroga e Larouco.

En total para a súa extinción mobilizáronse 54 técnicos, 248 axentes, 328 brigadas, 256 motobombas, 12 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 15 avións, ademais de efectivos da UME. A colaboración veciñal foi tamén clave para controlar as lapas.

⚙ Configurar cookies
0.16663503646851